Somos unha nova produtora especializada en canalizar o talento para a produción de contidos  audiovisuais.

 

En Portocabo facemos televisión desde 2010.

Gústanos a televisión porque nela cabe todo, porque os espectadores a senten como un medio próximo e porque nos gusta estar próximos aos espectadores.

Desde esa proximidade, traballamos en dúas liñas principais: ficción e tv do real.

En ficción, gústanos igual a comedia ca o drama ou o thriller. Gústanos pegar as nosas historias ao que hai ao noso redor, ou ao que houbo. E, cando afrontamos a produción de series documentais, facémolo procurando no que nos rodea a emoción, os sentimentos e mais o humor que están aí, naturalmente.

NOVAS

Luci, unha nova serie da Televisión de Galicia, marca o inicio da ficción minimalista para tempos de crises, converténdose, cun 12,4% de “share”, no espazo líder da súa franxa a pesar da axitada noite nacional.   ler máis
The AvatarsA produtora galega Portocabo grava en Madrid The Avatars, unha ficción xuvenil destinada ao mercado internacional e ambientada en Nova York. ler máis

 


Galegos no mundoGalegos no mundo, o formato de Portocabo para Televisión de Galicia volve o vindeiro martes 2 de abril ás 22:30 cun programa dedicado a Marrakex ler máis