Ficha técnica

La Revoltosa

Comedia, 26 x 55’

Ano de produción 2010 – 2011

Sinopse

Manolo Báez é un empresario viúvo. Desde que perdeu á súa muller hai cinco anos non levanta cabeza. Todo empeza coa chegada da súa filla Ana, unha moza activa e emprendedora que volve de Alemaña tras cursar un máster. Pero non chega soa, acompáñaa un novo mozo, tamén canario, ao que curiosamente coñeceu no país centroeuropeo: Luís. A avoa de Luís é propietaria da Revoltosa, unha casa grande chea de xente, cunha actividade incesante, entre cuxas paredes convivirán os nosos protagonistas.

Estreada en 2010, foi a serie de televisión máis vista da Televisión Canaria. La Revoltosa é unha produción de Doblediez en colaboración con Portocabo.

Equipo

Produción executiva    Santiago Falcón e Alfonso Blanco
Directores     Ramón Rodríguez e Toño López
Dirección artística    Curru Garabal
Dirección de fotografía    Carlos Vilas

Ver

Volver