
Ficha técnica
Gran Nord
Dramedia, 26 x 55’
Sinopse
Anna é mosso d’esquadra. O seu perfeccionismo e estrito sentido do deber carréxanlle toda clase de dificultades. Castigada polos seus superiores, é trasladada de Barcelona a Nord, un pobo perdido do Pirineo, onde Anna ten as súas raíces familiares. Adaptarse ás peculiaridades de Nord non será tarefa doada. Os seus veciños réxense por unhas normas de conduta e un sentido da vida moi especiais.
Estreada a primeira tempada en 2012, en decembro remata a gravación da segunda tempada, que se emite en abril de 2013. Gran Nord é unha coprodución de Veranda Tv e Portocabo para Televisió de Catalunya.
Equipo
Idea orixinal Alfonso Blanco, Pepe Coira, Carles Gené e Guillem Martínez
Produción executiva Alfonso Blanco e Carles Gené
Guión Pepe Coira, Daniel Domínguez, Guillem Martínez e Joan A. Martín Piñol