EQUIPO
Alfonso Blanco
En 1998 comeza a súa etapa en Voz Audiovisual, onde ao longo de 11 anos convértese nuns dos máis recoñecidos produtores executivos de ficción e entretemento, producindo máis de 300 capítulos de prime time para TVG, en series como Mareas Vivas, Terra de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares ou Matalobos, a tvmovie A Rosa de Alexandría e as longametraxes O menor dos males, De Bares e Catalina.
En entretemento foi produtor executivo de directos como Son de Estrelas ou Buscando Estrelas, de concursos Perdelo Todo e de programas de variedades como Mundo Verbena e A Terra dos Prodixios.
Imparte clases no Máster de Produción e Xestión Audiovisual desde 2004. En 2010 funda a súa propia produtora, Protocabo, dá que é Director Xeral, producindo o docu-reality Galegos no mundo e a serie de ficción Gran Nord, the Avatars e Luci.
Pepe Coira
Tras anos dedicado á política audiovisual da Xunta de Galicia, en 2000 incorpórase á produtora Voz Audiovisual, primeiro como director de Desenvolvemento e logo, desde 2004, como subdirector da compañía, para a que exerce labores de produción executiva e edición de guión de series televisivas de ficción -Mareas vivas, Terra de Miranda, A miña sogra e mais eu, As leis de Celavella- e documental -Vida nas mareas, O mundo de Celavella-.
Entre 2006 e 2010 traballa para o grupo Fílmax na produtora Bren Entertainment, sendo xefe de Desenvolvemento da mesma e produtor executivo de Filmax TV. Neste período dedícase especialmente ao xénero documental, tanto seriado -Hai que mollarse, Botarse ao monte- como de longametraxe: Lume e fume, Historia dunha parroquia, Tolos por Xapón, O premio da rubia, Prodixiosos, Eloxio da distancia, Días de reparto.
É profesor na Universidade de Santiago de Compostela e no Máster de Produción e Xestión Audiovisual.
En 2010 entra a formar parte de Portocabo como director de Desenvolvemento onde creou series coma Gran Nord y Luci, entre otros proxectos e foi Produtor Executivo de documentais coma El viaxe de Leslie e Manuel Quiroga.