ADN galego
Xénero: Docu-Reality
Duración: 60’
Capítulos: 28
Temporadas: 2
Ano: 2017
Idioma: Galego
País: España
Canles: Televisión de Galicia
Dirección: Raúl Bartolomé
Produción executiva: Alfonso Blanco, Pepe Coira
Coordinador de redacción: Matías Tarrío
Redacción: Olalla Vaamonde, Noa Rodríguez, Paula Dopico
Locución: Aida Bao
Música: Xavi Font
Xefe de produción: Ana Míguez, Luis Miguel Fernández
Cámara: Sito Torres
Xefe de son: Roberto C. Godoy
Grafismo: I Do Visual
Montaxe: Sandra Sánchez, Vanesa Amoedo
Sinopse
A través deste espazo viaxamos por todo o territorio español para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares.
Os protagonistas son homes e mulleres, mozos e vellos, xente anónima e de fama, urbáns e rurais, expertos no lugar e recén chegados. Da súa man o equipo do programa irá aos sitios máis auténticos e fará o que é máis propio do lugar, mentres vai sabendo da súa vida, do seu traballo, da súa familia, o que os levou alí, o que lles fixo quedar, o que a súa nova terra lles deu e o que eles achegaron desde Galicia. Os espectadores ven o territorio cos seus ollos, tan distintos aos do turista ou do viaxeiro ocasional.
“ADN Galego” buscará tamén en cada programa contar a pegada histórica que deixaron os galegos nos seus lugares de acollida e a repercusión social que tiveron ao longo dos anos.