top of page

Auga seca

Xénero: Drama policial

Duración: 50’

Capítulos: 8
 

Ano: 2021

Idioma: Galego, portugués

Coprodución: España – Portugal

Produtoras: Portocabo - SPi

Canles: RTP, HBO, TVG

Distribución: DCD Rights

Dirección: Toño López, Sérgio Graciano

 

Produción executiva: Alfonso Blanco, Jose Amaral

 

Creador: Alfonso Blanco 

 

Guión: Carlota Dans, Roberto G. Méndez, Miguel Simal, Alfonso Blanco, Nina Hernández e Ana Míguez

 

Música: Xavi Font, Elba Fernández

 

Reparto: Victoria Guerra, Monti Castiñeiras, Sergio Pazos, Adriano Luz, Eva Fernández, Tacho González, Cristina Iglesias, Paloma Saavedra, Belén Constenla.

 

Dirección de produción: Ana Míguez

 

Dirección de fotografía: Lucía C. Pan

Dirección de arte: Andrea Pozo

Vestiario: Saturna

Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco, Yolanda Sousa

Son: Sérgio Silva, Santi Jul, Iván Laxe

 

Montaxe: Gaspar Broullón

 

Supervisor de postprodución: Fernando Alfonsín

Sinopse

 

Traumatizada polo shock da morte de Fran, Teresa continúa a súa investigación con respecto aos Galdón. Está convencida de que Mauro, o patriarca da familia, está dalgunha maneira ligado ao tráfico de armas. Mais, como demostralo? Mentres, Mauro -coa axuda de Lázaro- busca con desesperación vingar o asasinato do seu fillo, e polo camiño acaba entrando en conflito coa policía. A medida que a trama vai avanzando no presente, inesperadamente, Teresa atópase afondando no pasado, xusto no momento que conecta a Mauro e a Lázaro coa morte do seu pai, Joâo.

O que lle acontece a cada membro dunha familia irremediablemente aféctalle ao resto. A segunda temporada de Auga Seca é unha viaxe cara aos segredos máis escuros de dúas familias: os Duarte e os Galdón. Presenciando as complexas interaccións entre os nosos personaxes… e sacando a relucir as mentiras que contan -a eles mesmos e ao resto- para evitar sufrimento, pero que en realidade lles traen máis dor. Porque en Auga Seca o pasado non é o que parece.

Temporada 2
Temporada 1

Xénero: Drama policial

Duración: 50’

Capítulos: 6

Ano: 2019 

 

Idioma: Galego, portugués

Coprodución: España – Portugal

Produtoras: Portocabo - SPi

Canles: TVG, RTP, HBO

Distribuidora: DCD Rights

Dirección: Toño López

 

Produción executiva: Alfonso Blanco, Jose Amaral

 

Creador: Alfonso Blanco 

 

Guión: José Rubio, Eligio Montero, Carlos Portela, Lidia Fraga, Carlota Dans, Alfonso Blanco, Ana Míguez

 

Música: Xavi Font, Elba Fernández

 

Reparto: Victoria Guerra, Sergio Pazos, Monti Castiñeiras, Eva Fernández, Tacho González, Cristina Iglesias, Santi Romay, Paloma Saavedra.

 

Dirección de produción: Ana Míguez

 

Dirección de fotografía: Ricardo R. Morgade

 

Dirección de arte: Andrea Pozo

 

Vestiario: Saturna

 

Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco, Yolanda Sousa

 

Son: Cinemar Films

 

Montaxe: Gaspar Broullón, José Jamardo

 

Sinopse

 

A morte de Paulo Duarte en Vigo, un aparente suicidio, non convence a ninguén. Nin ao inspector de policía Viñas nin a súa irmá Teresa. Ela, abrumada pola perda do seu irmán, deixa a súa vida en Lisboa para descubrir a verdade. A morte de Paulo oculta moito máis do que parece: unha rede de tráfico de armas nacida dos negocios ilícitos de Mauro Galdón, empresario de éxito e padriño de Teresa. 

Auga Seca explora a delgada liña que separa a legalidade do ilegal, a normalidade do desastre. É unha ollada sobre as relacións humanas e os vínculos que nacen dos segredos máis inconfesables. Teresa loita por descubrir unha verdade que se resiste a ser desvelada nun mundo no que, como a agua seca, nada é o que parece.

Tráiler
Temporada 1
Temporada 2
bottom of page