Cuñados
Xénero: Comedia
Duración: 95’
Formato: Longametraxe
Ano: 2021
Idioma: Galego
Distribución: Filmax
Dirección: Toño López
Produción executiva: Alfonso Blanco
Guión: Araceli Gonda
Música: Santi Jul, Iván Laxe
Reparto: Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal.
Dirección de produción: Ana Míguez
Dirección de fotografía: Jaime Pérez
Dirección de arte: Andrea Pozo
Vestiario: Saturna
Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco
Son: Alfonso Couceiro
Montaxe: Lu Rodríguez
Participada por TVE, TVG e MOVISTAR+.
Con subvención de Agadic e colaboración da Deputación de Ourense e D.O. Ribeiro.
Sinopse
Cuñados é unha comedia sobre as peripecias delitivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado para salvar o que máis queren: a familia.
Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.