Manuel Quiroga
Xénero: Documental
Duración: 55’
Formato: Longametraxe
Ano: 2014
Idioma: Galego
País: España
Canles: Filmin
Dirección: Sandra Sánchez
Producción executiva: Alfonso Blanco, Pepe Coira
Creador: Pablo Silva, Daniela Arias-Andreu
Guión: Sandra Sánchez, Daniela Arias-Andreu, Pepe Coira, Pablo Silva
Narración: Milagros Bará Viñas
Voz Quiroga: Manuel Cortés
Xefe de produción: Pablo Silva
Son: Roi Gil
Montaxe: Sandra Sánchez
Sinopse
O 8 de xuño de 1937 un transeúnte é atropelado en Times Square por un automóbil que se dá á fuga. O accidentado, o violinista pontevedrés Manuel Quiroga, atópase nos Estados Unidos presentando as súas propias obras nunha xira que o levará a percorrer o país de punta a punta, como xa fixera noutras ocasións ao longo da súa dilatada carreira. Quiroga, considerado como un dos mellores violinistas do momento, convive coa fama e co recoñecemento desde hai tiempo. Está no punto álxido da súa carreira. Pero este incidente, a priori intranscendente, terá un efecto irreversible, marcando o comezo dun declive profesional e persoal que acabará por consumilo, relegando o seu nome ao esquecemento.