Miracle Tunes
Xénero: Live Action infantil
Duración: 24’
Capítulos: 26+26
Temporadas: 2
Ano: 2018
Idioma: Español, italiano
Coprodución: España – Italia – Suiza
Produtoras: Portocabo / ShowLab / Blasteem / Mediaset / Kamca Group
Canles: Boing (ESP), Boing (IT), Mediaset (ESP), Mediaset (IT)
Distribución: Showlab
Dirección: Roberto Cenzi, Toño López
Produción executiva: Alfonso Blanco, Gianclaudio Innocenzi
Creadores: Adaptación da serie xaponesa ‘Miracle Tunes’.
Guión: José Rubio
Música: Gianluca Giorgi
Reparto: Giulia Sara Salemi, Emily Shaqiri, Jasmine Roberta Molinaro
Xefe de produción: Alejandro López Riesgo
Dirección de fotografía: Gabo Guerra, Quim Miquel
Dirección de arte: Jerónimo Bono
Vestiario: Victoria Jara
Maquillaxe e perruquería: Aurora Asunción, Jaume Polo, Julia Viciano
Son: Cinemar
Montaxe: Fabrizio Parisi
Sinopse
Emily é unha estrela do pop, e grazas ao equipo de Raspberry Music, a discográfica detrás do seu enorme éxito, xa non está soa. Uníronselle Jasmine e Julie, formando o grupo Miracle Miracle. Pero Emily, Jasmine e Julie non só cantan e bailan, tamén son as Miracle Tunes, loitadoras con poderes máxicos capaces de derrotar o mal e a negatividade. Teñen unha conexión especial co reino da música. Un lugar máxico no que unha deusa preserva as xoias da música necesarias para a súa existencia. Mais o reino da música non está exento de perigos: o malvado Demon apoderouse dalgunhas xoias transformando o seu poder en armas maléficas capaces de estender o mal e a negatividade entre os humanos. Demon non está só, o seu enlace cos humanos vén da man dos Doku Doku Dan. As Miracle Tunes, coa axuda da deusa da música e a súa maxia, loitan en segredo por recuperar as xoias da música roubadas por Demon, pero teñen que apurar pois a cada minuto que pasa o mal está más preto de triunfar e o mundo da música de extinguirse.
Miracle Tunes é unha oda ao poder da música e á súa capacidade de vencer a negatividade, que combina música, baile, estética futurista e empoderamento, para o público máis novo.