Os fillos do sol
Xénero: Biopic
Duración: 90’
Formato: TV Movie
Ano: 2016
Idioma: Galego
País: España
Coprodución: Galicia – Cataluña
Produtoras: Portocabo / Diagonal TV
Canles: TVG, TV3
Dirección: Ramón Costafreda, Kiko Ruiz
Produción executiva: Alfonso Blanco, Albert Sagalés
Guión: Ramón Costafreda, Pepe Coira, Alfred Pérez-Fargas, Roger Danès, Daniel Domínguez
Música: Xavi Font
Reparto: Pablo Derquí, Xosé Barato, Vicky Luengo, Tamar Novas, Victor Duplá, Xúlio Abonjo, Roser Tapias, Celso Bugallo, Clara Segura, Xabier Deive
Dirección de produción: Ana Míguez, Albert Morera
Dirección de fotografía: Xavier Gil
Dirección de arte: Antonio Pereira
Vestiario: Saturna
Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco e Vicen Beti
Son: Juan González
Montaxe: Frank Gutiérrez
Sinopse
En 1939 o brillante científico catalán Fernando Calvet, que con 23 años se convertera no primeiro catedrático de Química Orgánica da Universidade de Santiago, incorpórase ao lanzamento da empresa químico-farmacéutica Zeltia como director do equipo de investigación. Acompáñao nesta aventura o seu amigo Ramón Obella, médico e empresario compostelán con grande imaxinación e olfacto empresarial, con quen fundara anos antes o grupo naturista Os Fillos do Sol. Tamén participan na aventura os irmáns José e Antonio Fernández López, principais impulsores financeiros do proxecto. O seu obxectivo era o aproveitamento da flora e dos residuos orgánicos da zona para a produción de fármacos destinados ao consumo humano, veterinario e agrícola.
Nun momento histórico hostil, os seus laboratorios do Porriño pasan a converterse no epicentro da ciencia moderna, asentando as bases dun grupo empresarial que aínda hoxe é un referente.
Premios e festivais
Finalista en 7 Premios Mestre Mateo
Seccion Oficial Zoom Festival 2017