top of page
Search
Writer's picturePortocabo

A serie 'Rapa' convertese nunha das máis nominadas aos premios Feroz 2023

A ficción que Portocabo produce para Movistar Plus+ consegue catro nominaciones nas categorías de: mellor serie dramática, mellor actor (Javier Cámara), mellor actriz (Mónica López) e mellor actriz de reparto (Lucía Veiga)


A actriz Lucía Veiga é candidata á mellor actriz de reparto nos Premios Feroz


Rapa, a serie que a produtora galega Portocabo produce para Movistar Plus+, continúa coa súa boa colleita de candidaturas aos premios nacionais e obtén 4 nominacións aos premios Feroz 2022. As categorías nas que pode gañar un premio son: mellor serie dramática; mellor actriz (Mónica López); mellor actor (Javier Cámara); e mellor actriz secundaria (Lucía Veiga). 'Rapa' convértese así nunha das series máis nominadas do ano nestes premios que organiza a Asociación de Informadores Cinematográficos de España, só por detrás de 'La Ruta', que participa en seis categorías. Tamén con catro nominacións están: 'Apagón', 'Intimidad' e 'Non me gusta conducir'. Os Globos de Ouro do cine español recoñecen dende hai dez anos os títulos máis destacados tanto de cine como das series, elixidos por votación pola prensa especializada que forma parte da Asociación. Esta décima edición dos Premios Feroz celebrará a súa gala o 28 de xaneiro no Auditorio de Zaragoza.


Mejor película


Pola súa banda, os nomeados na categoría de Mellor Película Dramática nos premios Feroz 2023 foron 'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen; 'Alcarrás', de Carla Simón; 'Cinco lobiños'. de Alauda Ruiz de Azúa, 'Modelo 77', de Alberto Rodríguez, e 'One year, one night', de Isaki Lacuesta. Durante a gala tamén se entregará o Feroz de Honra, que este ano será para o director Pedro Almodóvar. Con estas candidaturas, 'Rapa' continúa a súa boa acollida nesta tempada de premios. Ademais destas candidaturas: tres para os premios Forqué, catro para os premios Iris e catro para o FICAL. Estes recoñecementos xunto á boa acollida do público (a serie máis vista de Movistar Plus+ da tempada), sitúana como unha das mellores ficcións do ano.




CANDIDATURAS PARA RAPA:


Mellor serie dramática

'¡García!' (HBO Max)

'Apagón' (Movistar Plus)

'Intimidad' (Netflix)

'La ruta' (Atresmedia Player)

'Rapa' (Movistar Plus)


Mellor actor protagonista nunha serie

Juan Diego Botto por 'No me gusta conducir'

Luis Callejo por 'Apagón’

Javier Cámara por 'Rapa’

Álex García por 'El inmortal'

Álex Monner por 'La ruta'


Mellor actriz protagonista nunha serie

Nerea Barros por 'La novia gitana'

Itziar Ituño por 'Intimidad'

Mónica López por 'Rapa'

Nathalie Poza por 'La unidad'

Claudia Salas por 'La ruta'

Mellor actriz de reparto nunha serie

Marian Álvarez por 'La unidad'

Elisabet Casanovas por 'La ruta'

Coria Castillo por 'Fácil'

Patricia López Arnaiz por 'Intimidad'

Lucía Veiga por 'Rapa'

Leonor Watling por 'No me gusta conducir'


7 views0 comments

Comments


bottom of page