A serie, que se converteu na mellor estrea da plataforma en 2022, revela a nova trama e os novos actores que acompañarán a Javier Cámara e a Mónica López nas súas investigacións
Presentación do inicio de rodaxe da segunda temporada de Rapa no Arsenal de Ferrol. Foto do equipo e das autoridades que acudiron ao acto
O Arsenal en Ferrol foi testemuña da presentación do comezo de rodaxe da segunda temporada de 'Rapa', serie que Movistar Plus+ produce en colaboración con Portocabo.
Na presentación estiveron os protagonistas, Javier Cámara e Mónica López; o creador Pepe Coira; os produtores executivos Domingo Corral (Movistar Plus+) e Alfonso Blanco (Portocabo); e representantes das institucións colaboradoras na produción, encabezados polo Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o Almirante do Arsenal de Ferrol, Ignacio Froitos Ruiz.
Segunda temporada
Na segunda temporada, de seis episodios, o proceso de filmación terá lugar nas localidades de Ferrol, Valdoviño, Fene, Cedeira e Narón, ata finais de ano. A estrea está previsto para 2023 na plataforma.
Creada por Pepe Coira e Fran Araújo, a serie orixinal Movistar Plus+ contará nesta segunda temporada con Rafa Montesinos ('O inmortal') e Marta Pahissa ('Las del Hockey') na dirección. Xunto a Javier Cámara e Mónica López, completan o reparto, entre outros, Carlos Blanco, Federico Pérez Rey, Evaristo Calvo, Melania Cruz, Darío Loureiro, Iolanda Muíños, Chisco Amado, Adrián Ríos e Lara Boedo.
A trama dos novos episodios leva a Maite e a Tomás a Ferrol, onde dous casos sen resolver volverán unilos. Ela introducirase no Arsenal, un mundo hermético rixido por unhas normas moi estritas, onde desapareceu unha oficial. El empeñarase en resolver un caso de asasinato que está a piques de prescribir despois de 20 anos.
Javier Cámara, actor protagonista da serie xunto a Pepe Coira, co-creador de Rapa na presentación
La primera temporada, el mejor estreno de Movistar Plus+
O thriller criminal converteuse coa súa primeira entrega na mellor estrea de ficción da temporada en Movistar Plus+. Así o confirmou na rolda de prensa, Domingo Corral, produtor executivo da serie e Director de Produción Orixinal de Movistar Plus+. "Por iso, estamos encantados de volver agora cunha segunda temporada. Alégranos moito poder contar a nosa cultura e tradición a todo o mundo", explicou Corral. O produtor tamén comentou como ve que a rodaxe aconteza na cidade naval: "Estamos emocionados por percorrer as rúas de Ferrol e gravar por primeira vez no Arsenal. A súa presenza e que sexan protagonistas na historia de 'Rapa', van facer desta segunda temporada algo único".
Ferrol, un escenario único y el Arsenal, un edificio por descubrir
Por parte de Portocabo, Alfonso Blanco, produtor executivo da serie, manifestou a súa alegría por estar filmando na localidade de Ferrol: "Queriamos gravar en casa e facer este tipo de producións con Movistar Plus+, con quen traballamos moi cómodos, é un luxo. (…) Poder estar a gravar no Arsenal, un lugar tan pouco visto, e en Ferrol unha cidade tan singular e con tantas peculiaridades é unha completa alegría”.
Javier Cámara tamén agradeceu na presentación a acollida na cidade. “Encántame Ferrol. De feito, na primeira temporada gravamos pouco en Ferrol e eu sempre dicía: 'temos que volver'. Ten unha historia arquitectónica preciosa e ver o seu pasado reflectido nas rúas é unha cousa preciosa. Oxalá coa estrea desta segunda temporada veña moita máis xente". Pola súa banda, Mónica López declarou: “Ferrol é único. Ten algo que a fai unha cidade auténtica e real”.
Pepe Coira, creador da serie xunto a Fran Araújo, explicou: “Para nós é importante crear universos que estean moi preto do mundo real. Por iso, queríamos gravar dentro do Arsenal e poder retratar esta contorna única”.
Presentación del inicio de rodaje de la segunda temporada de Rapa en el Arsenal de Ferrol
AQUÍ PODES VER AS PRIMEIRAS IMAXES DA SEGUNDA TEMPORADA DE 'RAPA'
Comentários