top of page
Search
Writer's picturePortocabo

‘Rapa’: a segunda tempada estréase en xuño en Movistar Plus+

A plataforma e Portocabo presentaron o primeiro episodio desta nova entrega no marco do Festival Crossover. No panel participaron os actores Javier Cámara e Mónica López, xunto aos productores executivos Susana Herreras (Movistar Plus+) e Alfonso Blanco (Portocabo).



Movistar Plus+ e Portocabo presentaron este martes o primeiro capítulo da segunda temporada de 'Rapa' na VI edición do Festival Crossover. Cultura de Series, e anunciaron que chegará á plataforma no mes de xuño.

Ademais, confirmouse o novo proxecto de Movistar Plus+ coproducido con Portocabo: a miniserie 'Garbo', que contará co mesmo equipo creativo que 'Rapa' e 'Hierro': Pepe Coira, Fran Araújo e Jorge Coira. A ficción estará inspirada na verdadeira historia de Juan Pujol, un dobre axente español que foi clave para que os aliados gañasen a Segunda Guerra Mundial.

No encontro participaron os principais actores Javier Cámara e Mónica López, acompañados dos produtores executivos Susana Herreras (Movistar Plus+) e Alfonso Blanco (Portocabo).

O actor Javier Cámara: "O máis interesante agora é que temos dúas tramas, dálle unha mayor vitalidade á tempada". Sobre a relación entre Tomás e Maite: "Non hai unha relación como noutras series, non se bican. Gústame que se acheguen un pouco máis agora, aínda que en realidade, pelexan todo o tempo".

A actriz Mónica López: "Gústame que a serie sexa rural, con esa luz e esa paisaxe, é un personaxe máis que lle dá valor á serie. Nesta segunda temporada estamos en Ferrol, unha cidade cunha personalidade apabullante".

A produtora Susana Herreras: "É un xénero este do thriller criminal que atrae a un gran público, pero hai dous diferenciales á hora de traballar con Portocabo: o amor polos personaxes e a adicción por mostrar a realidade".

O produtor Alfonso Blanco: "Nesta segunda temporada, a sarxento Maite afronta o reto de entrar no Arsenal Militar para investigar un crime. Tivemos o privilexio de poder filmar esta trama integramente no Arsenal, nas súas propias instalacións e mostrando o gran poderío visual deste escenario único".

Coa súa primeira entrega, 'Rapa' converteuse na mellor estrea de ficción da pasada tempada en Movistar Plus+. O proxecto conta co apoio do Hub Audiovisual da Xunta financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE.


Sinopse A trama dos novos episodios leva a Maite e a Tomás a Ferrol, lugar onde dous casos sen resolver volvera a unilos. Maite entrará no Arsenal, un mundo hermético que funciona cunhas regras moi estritas, onde un oficial desapareceu. Pola sua banda, Tomás insistirá en resolver un caso de asasinato que está a piques de prescribir despois de 20 anos.

O equipo Este thriller creado por Pepe Coira e Fran Araújo, cuxa rodaxe rematou en decembro, conta coa dirección de Rafa Montesinos e Marta Pahissa nesta segunda temporada.

Xunto a Javier Cámara e Mónica López completan o reparto, entre outros, Carlos Blanco, Federico Pérez Rey, Evaristo Calvo, Melania Cruz, Darío Loureiro, Iolanda Muíños, Chisco Amado, Adrián Ríos, Lara Boedo e Fran Lareu.

A serie está rodada en diferentes lugares de Galicia como Ferrol, Valdoviño, Fene, Cedeira, Narón y Ortigueira.

A segunda tempada de seis episodios chegará á plataforma en xuño.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

'Rapa' 2T, unha serie orixinal de Movistar Plus+

Produción executiva: Domingo Corral, Alfonso Blanco, Susana Herreras Guion: Pepe Coira, Fran Araújo Dirección: Rafa Montesinos, Marta Pahissa Xénero: Thriller criminal Episodios: 6 Duración: 50 minutos #Rapa

6 views0 comments

Kommentare


bottom of page