A ficción de Portocabo e Movistar+ é a segunda serie máis nominado do ano e opta ás estatuillas nas categorías principais: mellor serie, mellor dirección, mellor guion e mellor actor
fotograma de la serie "Rapa"
A produtora galega Portocabo está de parabéns. A súa serie Rapa, coproducida con Movistar+ ten 4 nominacións aos premios Iris, os galardóns máis relevantes da televisión. Convértese así nunha das grandes favoritas da edición sendo a segunda serie máis nomeada do ano, só por detrás de “Sequía”.
A Academia das Ciencias e as Artes da Televisión e do Audiovisual anunciou os profesionais e programas finalistas do Premios Iris 2022 entre máis de 450 candidaturas de programas, series e outros formatos emitidos entre o 22 de xuño de 2021 e o 27 de xuño de 2022.
A ficción que estreou este ano Portocabo e Movistar Plus+ (Rapa) competirá nas categorías principais, loitando por alzarse coas estatuiñas de Mellor serie, Mellor actor (Javier Cámara), Mellor dirección (Jorge Coira e Elena Trapé) e Mellor guion (Pepe Coira e Fran Araújo). Os gañadores, segundo explican desde a Academia, serán votados polos académicos en segredo e ante notario, e daranse a coñecer no próximo mes de novembro durante a gala anual que organizan.
Un éxito xa coñecido
Non é a primeira vez que unha serie de Portocabo opta a estes galardóns. Coa primeira e segunda tempada de “Hierro”, a produtora xa conseguiu varias figuriñas, ademais de 2 Premios Ondas, 2 Premios Feroz, 2 Premios Forqué, 4 Mestre Mateo, ou 2 Premios MiM, entre outros. Só un ano despois, estas nominacións volven posicionar a Portocabo como unha produtora cun gran recoñecemento entre a crítica e o público e como un referente no sector audiovisual.
Links ás novas:
Comentários