Vidago Palace
Xénero: Drama histórico
Capítulos: 6
Duración: 50’
Temporadas: 1
Ano: 2017
Idioma: Galego, portugués
Coprodución: España - Portugal
Produtoras: Portocabo / HOPI
Canles: TVG, RTP
Distribución: Banijay Rights
Dirección: Henrique Oliveira
Produción executiva: Alfonso Blanco, Henrique Oliveira
Creador: Henrique Oliveira
Guión: Henrique Oliveira, Pepe Coira, Manuel Darriba, Araceli Gonda
Música: Xavi Font
Reparto: Mikaela Lupu, David Seijo, Pedro Barroso, Anabela Teixeira, Margarida Marinho, Almeno Gonçalves, João Didelet, Marcantonio Del Carlo, Beatriz Barosa, Maria Henrique, Custódia Gallego, Sérgio Praia, Pedro Mendonça, Jacob Jan de Graaf, David Amor, David Novas, Sheyla Fariña, Antonio Mourelos, Eva Fernández, Cristina Homem de Mello, Xosé A. Touriñán, Susana Mendes.
Dirección de produción: Ana Míguez, Marta Lima
Dirección de fotografía: Pedro Azevedo, Manuel Pinto Barros
Dirección de arte: Antonio Pereira
Vestiario: Saturna
Maquillaxe e perruquería: Vicen Beti, Chicha Blanco
Son: Luis Silveira
Montaxe: Marco Carvalho, Jorge Coira
Supervisor de postprodución: Fernando Alfonsín
Sinopse
O destino quixo que aquel verán de 1936 no Vidago Palace fose inesquecible: mentres os Xogos Olímpicos de Berlín asombraban o mundo, o presidente da República Portuguesa acudía á inauguración do campo de golf. A poucos quilómetros, na veciña Galicia, explotaba unha guerra civil. Os salóns do Vidago Palace preparábanse para acoller a voda entre César e Carlota. Pero os plans non sempre saen como un espera e nese verán Carlota coñece a Pedro e cambia o rumbo da súa vida. Carlota terá que decidir entre o que pensa que é o seu deber como filla, entregándose a un matrimonio de conveniencia, ou loitar por seguir os ditados do seu corazón.
Vidago Palace é a historia en tempos convulsos dunha muller que loita por controlar o seu destino, á vez que uns mozos idealistas loitan por salvar a vida de aqueles que xa non teñen futuro nun país enfrontado nunha guerra fratricida.